A Asociación profesional de galerías de arte de Galicia pretende defender intereses comúns como son: a posta en marcha dun código ético de comportamento entre profesionais, a lexítima defensa ante as iniciativas que supoñen competencia desleal, a información puntual sobre actividades e axudas das que poder beneficiarse todos os membros asociados, unha posición común na relación coas restantes asociacións de galerías de España e, sobre todo, a posibilidade de exercer como ente interlocutor coa Administración para demandar o seu apoio e atención. É por iso, polo que se crea a actual páxina web: para facilitar a difusión das actividades dos diferentes membros da Asociación ademáis de como un medio de achegamento da arte contemporánea ao público en xeral.