Atlántica, Centro de Arte

c/ Federico Tapia, nº 13, Bajo
15005 A Coruña (A Coruña)
T:    981227163
W:   www.atlantica-arte.com
E:    atlantica@atlantica-arte.com

Dir. Menchu Tudela y Salvador Corroto

Atlántica Centro de Arte inicia as súas actividades a comezos do 1990. As súas exposicións céntranse na difusión da arte contemporánea tanto de artistas nacionais e internacionais, a promoción de xoves valores, así como da emisión de obra gráfica e catálogos.

Atlántica Centro de Arte xestiona e produce importantes exposicións de arte contemporánea e arte étnica en colaboración con institucións, fundacións, bancos e museos de toda España. Máis de 200 exposicións avalan os máis de 18 anos de experiencia desta sala. A asistencia a feiras nacionais e internacionais, así como o apoio e impulso de diversas iniciativas culturais tanto dentro coma fora da nosa cidade, forma parte da programación de Atlántica. As colaboracións con galerías nacionais e internacionais son un punto prioritario na actividade do centro, xerando unha continua proxección e intercambio con outros países e artistas.