Inaugurada en 1978, a galería SARGADELOS mantén dende entón unha actividade continua na realización de exposicións e actos culturais. O proxecto galerístico non responde aos parámetros dunha galería comercial, senón a outros máis flexibles, relacionados cunha decidida vontade e compromiso de promoción de novas propostas.
Aínda que o seu foco de acción é Galicia, non por eso descoida a presentación de artistas españois ou estranxeiros.
A actividade galerística está concibida como un complemento da actuación cultural que desenrola o Grupo de Empresas Sargadelos dentro do seu proxecto de dinamización cultural.
Horario:
Luns a venres de 10:30 a 14:00
e 16:30 a 21:00 h
Sábados de 10:30 a 13:30
e 17:00 a 21:00 h