A idea de fundar unha GALERÍA SARGADELOS nesta cidade nace de Lorenzo López, destacado empresario e actual presidente da Asociación de Amigos do CGAC quen, apostou dende os seus comezos pola cultura galega e, en concreto, porque Ferrol contara cunha GALERÍA SARGADELOS.
A GALERÍA SARGADELOS FERROL abríu as súas portas o 19 de xuño de 1990. Inaugurou as súas instalacións cunha mostra bibliográfica sobre Ferrol e unha conferencia de Gonzalo Torrente Ballester. No ano 2003 se translada o local para unha ubicación privilegiada, onde estamos actualmente: no ángulo entre rúas María e Rubalcava, xusto detrás do Concello de Ferrol. A nova galería conta con 45 0m2 e fixo gañar espazo á librería e á sala de exposicións.
Na actualidade continúase co principal obxectivo de promocionar e difundir a cultura galega,no seus màis diversos ámbitos.